21 febrero 2018

El Aquarium Finisterrae organiza una charla sobre aves marinas que se reproducen en Galicia

[Ver nota en galego]



- La charla, que será impartida por Álvaro Barros, Doctor en Biología por la Universidade de Vigo, tendrá lugar el sábado 24 de febrero, a las 13.00 horas

Con el título "Plumas e penas: un percorrido polo estado de conservación das aves mariñas de Galicia", el conferenciante analizará la evolución de las poblaciones de las distintas especies de aves marinas que se reproducen en Galicia, desde los primeros datos históricos hasta la actualidad.

Describirá los cambios habidos en sus áreas de distribución y en sus tamaños de población y se tratarán los principales problemas de conservación que atañen a las especies que se reproducen hoy en día aquí: las gaviotas patiamarilla, oscura, tridáctila y gaviotón, el cuervo marino cristado, el arao, la pardela cenicienta e el paíño europeo.

Finalmente, se abordará la calidad de la información de la que se dispone para cada una de las especies contempladas, y se discutirá el papel que están jugando las distintas administraciones en su conservación.


Sábado 24 de febrero, a las 13.00 horas
Entrada libre hasta completar espacio

Aquarium Finisterrae
Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34
A Coruña


O Aquarium Finisterrae organiza unha charla sobre aves mariñas que se reproducen en Galicia

- A charla, que será impartida por Álvaro Barros, doutor en Bioloxía pola Universidade de Vigo, terá lugar o sábado 24 de febreiro, ás 13.00 horas

Co título "Plumas e penas: un percorrido polo estado de conservación das aves mariñas de Galicia", o conferenciante analizará a evolución das poboacións das distintas especies de aves mariñas que se reproducen en Galicia, desde os primeiros datos históricos ata a actualidade.

Describirá os cambios habidos nas súas áreas de distribución e nos seus tamaños de poboacións e trataranse os principais problemas de conservación que atinxen ás especies que se reproducen hoxe en día aquí: as gaivotas patiamarela, escura, tridáctila e gaivotón, o corvo mariño cristado, o arao dos cons, a pardela cincenta e o paíño europeo.

Finalmente, abordarase a calidade da información da que se dispón para cada unha das especies contempladas, e discutirase o papel que están a xogar as distintas administracións na súa conservación.


Sábado 24 de febreiro, ás 13.00 horas
Entrada libre ata completar espazo

Aquarium Finisterrae
Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34
A Coruña