02 marzo 2018

El Aquarium Finisterrae presenta un ejemplar de un esturión capturado hace unos meses frente a la costa coruñesa

[Ver nota en galego]



– El pez, capturado sin vida por un pesquero, fue conservado para su exposición en la sala Maremagnum del Aquarium.
– Se trata de una especie que desapareció de las aguas gallegas hace más de 50 años.


El ejemplar de esturión europeo (Acipenser sturio) que se presenta en el Aquarium Finisterrae fue capturado a una milla de la costa de A Coruña en mayo de 2017, y cedido al acuario corunés por Francisco José Padín, patrón del barco pesquero O Ariño, con base en O Grove. El esturión europeo era muy abundante en el río Miño, pero desapareció de las aguas gallegas a principios de los años sesenta del siglo pasado.

Actualmente, es una de las especies de peces migradores más amenazada de Europa. El análisis del espécimen capturado, realizado por la Estación de Hidrobioloxía de la Universidade de Santiago de Compostela, permitió constatar que se trata de un individuo criado en las dependencias del IRSTEA (Institut National de Recherche en Sciences et Technologies pour l'Environnement et l'Agriculture) de Burdeos (Francia) y liberado en aguas de la Gironda en el año 2010, cuando tenía un año de edad.

Horario apertura
Desde e 1 de marzo, y hasta e 30 de junio, el horario de apertura del Aquarium Finisterrae, Casa de las Ciencias y Domus será el siguiente: de lunes a domingo de 10 a 19 horas (el acceso del Aquarium se cierra una hora antes).


O Aquarium Finisterrae presenta un exemplar dun esturión capturado hai uns meses fronte á costa coruñesa

– O peixe, capturado sen vida por un pesqueiro, foi conservado para a súa exposición na sala Maremagnum do Aquarium.
– Trátase dunha especie que desapareceu das augas galegas hai máis de 50 anos.


O exemplar de esturión europeo (Acipenser sturio) que se presenta no Aquarium Finisterrae foi capturado a unha milla da costa da Coruña en maio de 2017, e cedido ao acuario coruñés por Francisco José Padín, patrón do barco pesqueiro O Ariño, con base en O Grove. O esturión europeo era moi abundante no río Miño, pero desapareceu das augas galegas a principios dos anos sesenta do século pasado.

Actualmente, é unha das especies de peixes migradores máis ameazada de Europa. A análise do espécime capturado, realizado pola Estación de Hidrobioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, permitiu constatar que se trata dun individuo criado nas dependencias do IRSTEA (Institut National de Recherche en Sciences et Technologies pour l'Environnement et l'Agriculture) de Burdeos (Francia) e liberado en augas da Gironda no ano 2010, cando tiña un ano de idade.

Horario apertura
Desde o 1 de marzo, e ata o 30 de xuño, o horario de apertura do Aquarium Finisterrae, Casa das Ciencias e Domus será o seguinte: de luns a domingo de 10 a 19 horas (o acceso do Aquarium pecha unha hora antes).