07 marzo 2018

Misión secreta en la Domus, una actividad familiar para el fin de semana

[Ver nota en galego]



– La preinscripción se abre el viernes 9 de marzo a las 10 horas, a través de formulario electrónico.

La Domus celebrará de marzo a abril nueve sesiones de una actividad para público familiar, un juego de escape en el que las personas participantes tendrán que encontrar pistas ocultas o resolver situaciones inesperadas para conseguir finalizar la misión secreta en un tiempo límite. La misión es encontrar y salvar una información crucial oculta en el almacén del museo antes de que la encuentre una fábrica secreta de replicantes.

La actividad está dirigida a público familiar, con niños y niñas a partir de 8 años (sesiones a las 17 h), que deben participar en compañía de una persona adulta.

También habrá una sesión para público joven, de 12 a 18 años, a las 18 horas.

Para participar en las sesiones familiares es necesario preinscribirse el viernes 9 de marzo a partir de las 10 de la mañana a través de este formulario electrónico  (en cada preinscripción podrán incluirse un máximo de 4 personas).

La preinscripción del público joven podrá hacerse también el 9 de marzo en este otro formulario
, con un máximo de 2 personas por preinscripción.

La actividad es gratuita, debiendo abonar solo la entrada correspondiente al museo.

Misión secreta na Domus, unha actividade familiar para a fin de semana
– A preinscrición ábrese o venres 9 de marzo ás 10 horas, a través de formulario electrónico

A Domus celebrará de marzo a abril nove sesións dunha actividade para público familiar, un xogo de escape no que as persoas participantes terán que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión secreta nun tempo límite. A misión é atopar e salvar unha información crucial oculta no almacén do museo antes de que a atope unha fábrica secreta de replicantes.

A actividade está dirixida a público familiar, con nenos e nenas a partir de 8 anos (sesións ás 17 h), que deben participar en compañía dunha persoa adulta.

Tamén haberá unha sesión para público novo, de 12 a 18 anos, ás 18 horas.

Para participar nas sesións familiares é necesario preinscribirse o venres 9 de marzo a partir das 10 da mañá a través deste formulario electrónico (en cada preinscrición poderán incluírse un máximo de 4 persoas).

A preinscrición do público novo poderá facerse tamén o 9 de marzo neste outro formulario, cun máximo de 2 persoas por preinscrición.

A actividade é gratuíta, debendo abonar só a entada correspondente ao museo.